Friday 03 de May de 2024

Máis de catrocentas persoas participaron no Concurso de Disfraces de Brión, que puxo o punto e final ao Entroido na comarca


Máis dun milleiro de persoas seguiron o desfile e as actuacións no polideportivo municipal

Máis de catrocentas persoas disfrazadas participaron no Concurso de Disfraces do Concello de Brión, que pon o punto e final ás celebracións do Entroido na comarca. O tempo acompañou, polo que despois de tres anos de cancelacións pola choiva puido volver a realizarse o desfile de disfraces entre a carballeira de Santa Minia e o polideportivo de Pedrouzos.

De feito, a saída do desfile demorouse un cuarto de hora porque non foron poucos os que tiraron directamente para o polideportivo como en anos anteriores. Encabezados pola charanga Os Celtas de Negreira, encargados de poñer a música, as máis de catrocentas persoas participantes no Concurso de Disfraces desfilaron pola avenida de Santa Minia e o Paseo de Pedrouzos ata chegar ao pavillón, ben en comparsas, grupos ou individualmente.
O Concurso de Disfraces, que repartirá 2.750 euros en premios en tres categorías: infantil, xuvenil e adultos, coas modalidades individual e parellas. Tamén haberá premios nas categorías de grupos (3 a 9 persoas) e comparsas (10 ou máis persoas). Un concurso que reuniu no polideportivo de Pedrouzos a máis dun milleiro de persoas, que desfrutarán dun gran final de festa cunha verbena coa orquestra Capitol